Friday 03 de May de 2024

A Pobra despide o mes de xullo con dúas novas propostas culturais para público familiar


Na próxima semana chega ao ecuador a programación cultural para o verán destinada ao público familiar. A Pobra do Caramiñal despide así o mes con dúas novas actividades de balde das catorce deseñadas para xullo e agosto por parte da Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña e Cultura no Camiño da Xunta de Galicia.

Fran Rei presentarase no día 26, ás 20.30 horas, como Superheroe para salva-la humanidade de terribles amezas sen esquece-la importancia da conciliación, polo que, loitará contra o mal ao tempo que se encarga de prepara-las merendas, poñer a lavadora ou cambiar cueiros.

E, no día 28, das 22.30 horas en diante, tocará volver a gozar do cine con Padre no hay más que uno 2. La llegada de la suegra, na que un dos personaxes principais parece ter todo baixo control ata que lle revelan a noticia inesperada da chegada dun novo bebé e a aparición da sogra.

Ámbalas citas serán no Cantón da Leña.